Salvemos a hospitalidade no Parlamento Galego

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA 

SALVEMOS A HOSPITALIDADE NO PARLAMENTO GALEGO

O Foro Galego de Inmigración  no marco da Campaña Estatal Salvemos a Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociacións do conxunto do Estado  presentou onte  martes día 5 de marzo aos grupos do Parlamento Galego o texto da Moción “Salvemos a Hospitalidade”- que xuntamos con este Comunicado de Prensa-, co obxecto de que sexa consensuada e presentada para a súa aprobación ao Pleno da Cámara Galega o máis pronto posible.

As Xuntanzas desenvolvidas foron as seguintes:

- Co grupo Parlamentario do BNG a través da súa diputada, Tareixa Paz Franco.

- Co grupo Parlamentario do PSdG-PSOE a través da súa diputada, Carmen Gallego Lomba.

- Co grupo Parlamentario de AGE (Alternativa Galega de Esquerda) a través dos seus diputados, Xabier Ron Fernández e Ramón Vázquez Díaz.

- Co grupo Parlamentario do PPdG a través d@s su@s deputad@s, Paula Prado del Río e Alberto Pazos Couñago.

Os grupos parlamentarios do BNG, PSdG-PSOE e AGE amosaron a súa disposición a tramitar e apoiar o texto da Moción como Proposición non de lei cara ao Plano do Parlamento previsto para os días 26 e 27 de Marxo.

O grupo parlamentario do PPdG quedou en estudar o tema e confirmar o máis pronto posible a súa disposición a presentar conxuntamente cos outros grupos a Proposición ou a apoiar a mesma.

 A Moción pretende conseguir un cambio no Anteproxecto de Modificación do Código Penal presentado polo Ministerio de Xustiza no referente ao artigo 318 bis do devandito Código 

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA 

SALVEMOS A HOSPITALIDADE NO PARLAMENTO GALEGO

Na súa concepción, o artigo 318 bis do Código Penal naceu como garante da protección das persoas afectadas por certas actividades derivadas dos fluxos migratorios, como trata de seres humanos ou tráfico de inmigrantes. Non obstante, coa modificación do devandito artigo que pretende levar a cabo o Goberno, actuar de forma humanitaria pode pasar a converterse en causas de persecución (ou de non persecución), en función do criterio do Ministerio Público.

Equipáranse así a aquelas persoas que se lucran explotando a colectivos en risco de exclusión ou co tráfico de persoas (accións que, por suposto, censuramos rotundamente), con aqueles que levan a cabo actos de solidariedade coas persoas en situación administrativa irregular. Esta equiparación afecta de forma moi lesiva a un dos piares básicos da sociedade: a convivencia.

A consecuencia que se desprende de todo o anterior é ben grave: a partir deste momento, se o Fiscal decide acusar, aínda concorrendo móbiles altruístas na acción solidaria, será moi difícil obter unha resolución xudicial favorable a quen practicou a solidariedade, porque esta acción está explicítamente tipificada como forma de ataque a un ben xurídico protexido.

Recordamos que a Campaña Salvemos a Hospitalidade e unha campaña estatal que desenvolvemos xunto con Médicos do Mundo en Galicia e con outros 18 colectivos, asociacións e entidades no resto do Estado, porque en ningún caso poden arrebatarnos algo tan fondamente humano como é axudar a quen sufren, a quen nos necesita. http://www.salvemoslahospitalidad.org

PARA MÁIS INFORMACIÓN: Miguel Fernández Blanco (662307019) . Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Información Adicional